Plan de axuste

Hoxe o voceiro de EU-V, César Santiso, desenvolveu unha rolda de prensa para expresar a opinión do seu grupo municipal en relación ao plan de axuste ao que obriga o Goberno Central tras solicitarlle o Concello o crédito para pagar facturas pendentes a proveedores.


Esquerda Unida esixe que o Plan de axuste do Concello non supoña recortes nin en servizos á cidadanía nin en salarios dos empregados públicos. O Goberno municipal ten múltiples ferramentas para asegurar a devolución do crédito a 10 anos, sen cercenar dereitos da cidadanía nin investimentos relacionados coa reactivación económica.


O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que os 7,6 millóns deben devolverse en base ao incremento recadatorio e a redución dun 25% dos emolumentos dos cargos públicos e persoal de confianza.


EU lembra que segundo datos da liquidación do orzamento municipal correspondente ao exercicio 2010, o Concello ten 70 millóns de débedas pendentes de cobro polo que coa cobranza dun 11% dos impagados cubriríase a totalidade da débeda adquirida para o pagamento de facturas pendentes a provedores.


Como xa denunciamos no pasado mes de agosto onde afirmábamos que era intolerábel que dende fai anos estivesen pendentes de cobro cotas de urbanización de promocións inmobiliarias por valor de varios millóns de euros, cando as familias traballadores pagan puntualmente os seus impostos e no caso de non facelo o concello embárgalles de inmediato. O propio Goberno municipal, recoñeceu a eiva e comprometeuse no Pleno de setembro a mellorar a eficacia recadatoria do Concello.


Por outra banda no Pleno de xullo Esquerda Unida propuxo, sen apoio de ningunha outra forza política por certo, a redución dun 25% dos emolumentos de cargos públicos, altos directivos e persoal de confianza ata que finalice a crise, o que produciría unha economía aproximada de 300.000 € anuais, o que ao cabo dos 10 anos do préstamo suporía uns 3 millóns de euros, o 40% da débeda contraída.


César Santiso indicou que “o Concello ten capacidade dabondo para cubrir o crédito sen aplicar ningún recorte social. Que cobre as débedas pendentes e baixe os salarios aos cargos públicos”.


Santiso lembrou que el mesmo, nun exercicio de coherencia doou o 25% dos ingresos anuais que recibiu en concepto de asistencia a Plenos e Comisións como concelleiro de Esquerda Unida – Os Verdes.

General Sanjurjo


A construcción do bulevard de General Sanjurjo custou 2.7000.000 €, no momento da súa construcción EU opúxose á decisión do Goberno bipartito en base a que respondía a unha ocorrencia carente de ningunha estratexia nin estudo previo.


Esquerda Unida considera un despropósito que o Goberno municipal pretenda desfacer o bulevard de General Sanjurgo. A decisión do actual Goberno do PP de eliminar a mediana e os bolardos, semella un simple golpe de inspiración que suporá un costo para as arcas municipais para unha actuación superflua. Precisamente nus intres onde os poderes públicos deben ser extremadamente coidadosos cos investimentos, o actual Goberno local dedícase a desmontar o feito polo Goberno anterior.


Para o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes a proposta do Goberno local de retirar a mediana é unha medida inadecuada, precipitada e un malgasto inaceptábel, máis nestes tempos de escaseza de liquidez.


Si ben é certo que os vehículos de emerxencias tiñan problemas na devandita estrada cando estaba atascada, tamén o é que eso pasa en moitos outros puntos da cidade. Dende logo, si EU-V gobernase buscaría a solución mendiante unha obra menor de baixo custe, evitando causar molestias a veciñanza e colapsando o tráfico da cidade por mor da obra que de novo pechará unha arteria da cidade. En todo caso dende EU-V priorizaríamos investimentos, agora é o momento de investir en acción social, pois as demandas do servizos sociais por parte da cidadanía crecen exponencialmente, e en reactivar a economía produtiva a través do fomento do cambio do modelo produtivo para loitar contra a lacra social do desemprego.


O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a creación do mal chamado corredor verde foi un despropósito do Goberno bipartito, pero a súa destrución por parte do Goberno do PP é aínda un despropósito maior, non se pode actuar compulsivamente, xogando cos cartos públicos que son de todos os coruñeses e coruñesas, calquera actuación deste tipo necesita desenvolverse en base a un un plan integral de mobilidade previamente desenvolvido.


César Santiso subliñou a similitude entre o anterior goberno e o actual en canto a falta de planificación, e a constatación que tanto PP como PSOE son incapaces que a economía local so pódese estimular eficazmente en base a un cambio do modelo produtivo, porque o modelo do ladrillo e o formigón no que inciden ambos partidos, ademais de estar caduco e superado, non é rendíbel en termos de creación de emprego. 

Mocion dia da muller

Hoxe, tráese a pleno o acordo inicial da Imposición e ordenación de contribucións espaciais pola aplicación do Servizo de Extinción de Incendios, habida conta que o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento pon de manifesto a necesidade da adquisición de diverso material para ampliar e mellora a calidade do servizo por un importe total de 666.667 €, dos que destaca os 420.000 € para adquirir unha autobomba nodriza pesada cun orzamento 420.000 €.


Dende Esquerda Unida – Os Verdes non temos nada que obxectar as necesidades manifestadas técnicas manifestadas polo servizo, máis aínda cando estamos a falar dun servizo estratéxico vital para a seguridade da cidadanía.


A lexislación de Facendas Locais autoriza aos Concellos a establecer e exixir Contribucións Especiais co obxectivo de financiar en parte a ampliación do Servizo de Extinción de Incendios. Asemade a ordenanza fiscal nº 19 aprobada no 2004 polo Pleno do Concello establece a posibilidade de repercutir ata un máximo do 90% do importe aos suxeitos pasivos.


Así, o Goberno municipal propón que o Concello soporte o 10%, e dicir 66.667 €, deixando o 90% restante as Compañías Aseguradoras que operan no termo municipal da Coruña. Neste sentido Esquerda Unida – Os Verdes considera positivo que o Goberno municipal asuma o mínimo custe que permite a normativa, o que redunda nun beneficio para a cidadanía, permitindo así incrementar o investimento en outras necesidades dos coruñeses e coruñesas, como a reactivación económica local.


Precisamente en relación co fomento á actividade produtiva dende Esquerda Unida – Os Verdes votamos en falta debater nos Plenos propostas neste sentido, é unha magoa observar como pasa Pleno tras Pleno sen que o Goberno municipal presente un plan, ni tan sequera medidas illadas para favorecer ao noso tecido produtivo. Levamos xa varios Plenos faltos de contido, cun único punto de debate, pasa neste e pasou no anterior onde debatemos a ordenanza fiscal da ORA para incorporar o parking expres, nomenclatura que ben poderíamos utilizar para definir este tipo de Plenos, así pois propoñemos que a partires de agora se denominen Plenos expres, dado a rapidez do seu desenvolvemento debido a que están baleiros de contido.


É lamentábel que pase mes tras mes, xa levamos nove meses de Goberno, sen encarar os verdadeiros problemas da cidadanía, neste sentido non cabe dúbida que a situación de desemprego que viven os máis de 21.000 coruñeses e coruñesas debería ser cuestión primordial, mais a realidade é que este Goberno nin ten o plan que prometía en campaña electoral, nin tampouco intención de loitar activamente contra o desemprego, que si ben é certo que o Concello non ten potestade directa na creación de emprego, tamén o é que como Administración máis próxima a cidadanía ten moito que dicir en canto ao cambio do modelo produtivo local que redundaría nunha maior competitividade das nosas empresas e tamén en canto a promoción da creación de novas empresas apoiando aos emprendedores

Moción fomento enerxías renovábeis

O Goberno central decidiu paralizar o desenvolvemento das enerxías renovables coa súa decisión do Consello de Ministros do 27 de xaneiro de 2012 de aprobar un Real Decreto-Lei do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo de supresión dos incentivos económicos para novas instalacións de produción de enerxía eléctrica a partir da cogxneración, fontes de enerxía renovables e residuos.


Esquerda Unida considera que a paralización do desenvolvemento das enerxías renovábeis incide negativamente no cambio do modelo produtivo e a reactivación económica, xerando desemprego, pois ameaza a un sector florecente da nosa economía produtiva que emprega a máis de 30.000 persoas.


Esta decisión supón un freo a un dos poucos sectores industriais onde España é líder, como é o da construción de placas de enerxía solar, xustamente unha das enerxías renovables máis castigadas coa moratoria aprobada. Esta medida é contraditoria coas políticas de enerxía impulsadas desde a UE que piden aos Estados membros o impulso ás enerxías renovables para poder cumprir os compromisos internacionais contra o cambio climático e que, en concreto, obrigan a España a alcanzar un obxectivo do 20% de enerxía consumida con orixe renovable para o 2020, tal e como establece a Directiva 2009/28/CE.


O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “as enerxías renovábeis melloran a competitividade das nosas empresas ao non depender do constante incremento do prezo da enerxía, favorecendo ademais o cambio do modelo produtivo, esencial para reactivar a economía e xerar emprego”.


César Santiso afirmou non entender como o Goberno Central non expón outras medidas para reequilibrar os custos do sector eléctrico e rebaixar o déficit do sistema tarifario da produción de enerxía eléctrica como poderían ser a fixación de taxas ás centrais nucleares ou o aumento do canon polo uso da auga dos ríos ás presas hidráulicas en mans das grandes corporacións enerxéticas cuns grandes ingresos económicos inxustificados.


Por outra banda, Santiso subliñou que “a loita contra o cambio climático, con graves consecuencias para a península ibérica, segundo todos os informes científicos, ten unha das súas ferramentas máis básicas na substitución das enerxías contaminantes polas enerxías renovables e xa que logo, os municipios están obrigadas a ser líderes no fomento destas enerxías limpas, como a solar e a eólica, agora afectadas gravemente no seu futuro por este acordo do goberno do Estado”.


O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presenta unha moción para que o Pleno do concello inste ao Goberno central a seguir fomentando as renovábeis para reducir a nosa dependenza enerxética, que na súa parte resolutiva di:


Primeiro.- O Pleno do Concello da Coruña manifesta a súa total oposición ao acordo do Consello de Ministros do 27 de xaneiro de 2012 sobre a aprobación do Real Decreto-Lei do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo de supresión dos incentivos económicos, para a novas instalacións de produción de enerxía eléctrica a partir da coxeneración, fontes de enerxía renovables e residuos.


Segundo.- O Pleno do Concello da Coruña insta ao Goberno central a que siga fomentando as enerxías renovábeis co fin de alcanzar o obxectivo do 20%, como mínimo, do consumo enerxético con procedencia de renovables para o 2020, no marco dunha estratexia decidida contra o cambio climático que favoreza o cambio do modelo produtivo, esencial para reactivar a economía e xerar emprego.


Terceiro.- O presente acordo trasladásese ao Ministerio de Presidencia do Goberno de España, aos grupos Parlamentarios do Congreso dos deputados, aos Grupos Parlamentarios do Parlamento Galego, ao Presidente da Xunta de Galicia e ao Defensor do Pobo Estatal.

Moción dia da muller


O vindeiro xoves, 8 de marzo, é o día da internacional da muller, motivo para manifestar o noso máis rotundo rexeitamento á situación actual que se ceba fundamentalmente coas mulleres novas, debido aos recortes de conquistas sociais iniciado polo PSOE e continuado con maior virulencia polo PP.


Esquerda Unida presenta unha moción para que o concello aplique políticas a prol da verdadeira igualdade entre homes e mulleres. Pois, en lugar de tomar as medidas para que se dean as condicións efectivas para a integración total das mulleres no mercado laboral con plenos dereitos, tanto salariais como profesionais, o PP volve á carga con reformas laborais e con anuncios de reformas que aumentarán o desemprego e a feminización da pobreza.


As xa retrógradas anteriores reformas do sistema de pensións, marcadas polo sexismo máis alarmante, ademais de desfavorecer aos sectores xa de seu máis vilipendiados economicamente pola extinción do precario “estado do benestar”, traerá consigo aínda maior número de mulleres maiores na absoluta pobreza.


Se por si mesma a chamada “lei de dependencia”, tiña un enfoque sexista ao incentivar ás mulleres a relegarse ás tarefas do coidado, a decisión de non continuar financiándoa, significa que ademais os poucos resortes de alivio que ofrecía dita lei, agora ven afogados pola falta de orzamento. A consecuencia desta situación darase unha máis rápida involución cara aos vellos roles patriarcais.


A conciliación entre a vida laboral e familiar igualmente segue sendo, unha expectativa. Os homes seguen sen compartir equitativamente as cargas familiares e as tarefas domésticas. Porque para que isto ocorra, non é só necesario leis que o regulen, senón tamén, e moito máis importante, crear unha conciencia social de igualdade que transforme a cultura patriarcal e sexista que aínda existe. 


O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes esixe ao Goberno do Estado que non restrinxa os dereitos das mulleres e paralice calquera reforma regresiva, como a da lei de interrupción voluntaria do embarazo. A anunciada reforma da Lei de Interrupción voluntaria do embarazo, aos supostos do 85 e ao permiso paterno para as mozas, retrotrae ás mulleres aos momentos da transición política considerándonos como seres incapaces para decidir sobre o seu presente e futuro e, ás mulleres novas négalles a posibilidade de decisión sobre as súas propias vidas.


O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o desemprego, a reforma laboral e as retrógradas leis de inmigración, fan que a pobreza e a exclusión social teñan cara de muller, nova e inmigrante”.


César Santiso subliñou que “o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, é a data propicia, para que este Concello mostre verdadeiramente a súa vontade de pór as bases reais, para que a igualdade das mulleres sexa un feito e non unha mera aspiración cunha serie de medidas destinadas a unha transformación real da nosa sociedade, onde as mulleres sexan cidadás en plenitude de dereitos”.


Parte resolutiva da moción:


O Pleno do concello da Coruña asume o compromiso político de traballar para xerar un municipio de suxeitos iguais en dereitos e obrigacións, utilizando os medios legais existentes e posibilitando as canles e os recursos económicos para que homes e mulleres teñamos as mesmas posibilidades de desenvolvemento, a través das seguintes medidas:


- Incrementar o orzamento destinado a políticas transversais e específicas destinadas a conseguir a igualdade entre mulleres e homes.


- Erradicar a segregación laboral nas políticas de emprego que se emprendan no municipio.


- Aumentar os recursos materiais e de persoal para a prevención e atención das mulleres en situacións de especial vulnerabilidade.


- Implantar campañas educativas, en colaboración cos centros escolares do municipio, baseadas na concienciación entre as e os máis novos.


- Coordinar programas coas asociacións e colectivos sociais que fomenten a igualdade e a corresponsabilidade.


- Erradicar anuncios ou emisións que conteñan expresións sexistas no ámbito público.


- Fomentar a imaxe pública das mulleres e a súa participación nos asuntos públicos.


- Elevar ao Goberno do Estado, a esixencia de non restrinxir os dereitos das mulleres e paralizar calquera reforma regresiva, como a da lei de interrupción voluntaria do embarazo.

Solidaride cos veciños do Castrillón

A asociación veciñal de O Castrillón Urbanización Soto IAR están a queixarse da falta de resposta do alcalde e os concelleiros de área, diante das súas solicitudes de xuntanza para tratar os problemas do barrio.


Diante deste silencio Esquerda Unida considera que o goberno municipal pretende rachar o tecido asociativo coruñés obviando a asociacións emblemáticas como a do Castrillón, no que constitúe a constatación da falta de interese do goberno do PP en materia de participación cidadá, a pesares que durante a campaña electoral ao alcalde enchíase a boca falando de diálogo cos veciños.


O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes solidarízase cos veciños do Castrillón pechados no centro cívico do seu barrio para demandar que o goberno municipal os reciba logo de solicitalo en numerosas ocasións durante oito meses. Semella indignante que barrios con déficit en desenvolvemento, mobilidade, equipamento e mantemento, nin tan sequera sexan recibidos polo Goberno local, máis aínda cando o propio PP paralizou a construción do complexo polideportivo xa comprometido.


O voceiro de EU-V, César Santiso, que visitará aos pechados ás 19:00 h. do venres, indicou “xa que o goberno municipal obvia á veciñanza do Castrillón, poñemos o noso grupo municipal a súa disposición para transmitir as súas demandas ao Concello.


César Santiso afirmou “en lugar de buscar unha participación cidadá aberta e democrática, o PP pretende tecer unha rede clientelista a través dos seus concelleiros de barrio”. Por iso dende Esquerda Unida solicitamos que o Goberno local consensue unha estrutura de participación cidadá real na que a función dos concelleiros de barrio sexa apoiar os procesos democráticos na toma de decisións da veciñanza mediante as Asembleas de barrio.


  

EU Consigue evitar irregularidades

O pasado 18 de xaneiro Esquerda Unida, actuando de correa de transmisión da veciñanza para esixir ao Goberno municipal que atenda as súas demandas e inquedanzas, denunciaba a forma irregular na que se estaba a desenvolver unha obras na Avda. das Xubias. 

Esquerda Unida congratúlase porque os promotores legalicen as obras de Casablanca denunciadas polo grupo municipal de EU-V. Unhas obras que non estaban sinalizadas e non so causaban molestias a veciñanza debido a que a rúa atopábase embarrada e os sumidoiros atascados, senón que estaban a poñer en risco a súa seguridade pois invadían a beirarrúa obrigando aos peóns a pasar pola calzada poñendo en risco a súa integridade, situación que se agravaba debido a estreitei da estrada. 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes esixe ao Goberno municipal que abra o correspondente expediente sancionador aos promotores por iniciar as obras sen licenza urbanística. Porque a devandita licenza urbanística, para o peche parcial da parcela e a construción dun muro de contención no terro sito na Avda. das Xubias S/N – Lugar de Casablanca foi concedida polo Goberno municipal na Xunta de Goberno de dous de febreiro de 2012.  

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “os coruñeses e coruñesas poden ter a seguridade de que non permitiremos ao Goberno do PP continuar coa situación de cidade sen lei mantida durante décadas polo desgoberno urbanístico do PSOE”.  

César Santiso, animou a cidadanía a que denuncien no seu grupo municipal todas as eivas e irregularidades que atopen, porque “nós, ao contrario de outros que se din de esquerdas, non os defraudaremos. Loitaremos para que se cumpra a legalidade vixente, aínda que nos teñamos que enfrontar contra os poderosos desta cidade que durante décadas camparon as súas anchas coa conivencia do PSOE”.

Dobre Moral do PSOE e BNG

Grazas ao noso voto particular, as ordenanzas fiscais do 2012 son as máis sociais da historia da Coruña pois incorporan novas bonificacións que favorecen á maioría social é dicir ás familias traballadoras e aos máis necesitados.

 

Así as persoas cuxa renda familiar per cápita non supere os 512,33 € (IPREM) teñen unha bonificación do 95% no imposto de plusvalía e os mileuristas do 30%, mentres que durante o goberno bipartito estes colectivos tiñan que pagar o 100%. Asemade as vivendas de protección oficial reciben dous anos máis de bonificación ao 50% no IBI para favorecer as familias con menos recursos.

 

Ademais destes avances sociais as ordenanzas fiscais inclúen outras medidas propostas por Esquerda Unida – Os Verdes para fomentar o cambio do modelo produtivo, a reactivación económica e a xeración de emprego. A bondade das nosas achegas quedou corroborada polo apoio unánime de todo o Pleno do Concello.

 

Esquerda Unida denuncia a dobre moral coa que actúan algúns grupos políticos en relación co copago na dependenza. Renegando no Concello da Coruña do que eles mesmos aprobaron na Xunta de Galicia, concretamente na Orden de 22 de enero de 2009 asinada polo vicepresidente Anxo Quintana do BNG, sendo presidente Emilio Pérez Touriño do PSOE. Da devandita orden emana a obriga legal aos Concellos de aplicar o copago a dependenza, e desa mesma orden emana a rixidez dos tramos que imposibilita facer un auténtico pago solidario, máis xusto.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes quere lembrar que as ordenanzas fiscais do 2011 aprobadas polo PSOE e o BNG xa incorporaban o copago. Así, a aqueles ao que a cidadanía retiroulles o Goberno de María Pita en maio de 2011 achacan o dito copago as ordenanzas do 2012 cando en realidade a ordenanza do servizo a domicilio nin tan sequera modificouse. Con todo a incoherencia política chega máis lonxe pois votaron en contra das ordenanzas do 2012, cando todas as diferencias coas do 2011 atópanse precisamente no voto particular de EU-V, ao que si apoiaron.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, afirmou “resulta vergoñento observar como algúns empéñanse en confundir a cidadanía utilizando argumentos falaces, Esquerda Unida non aprobou o copago porque este xa o aprobara o bipartito anteriormente” en resposta ás declaracións do concelleiro do PSOE Jesús Fernandez quen pretendía achacar o copago a EU-V indicando “fronte ao copago nos opuxemos dende o principio”.

Comunicado mesas ciudadanas para la convergencia

Non é un comunicado de EU pero non o podo deixar de compartir...

COMUNICADO MESAS CIUDADANAS PARA LA CONVERGENCIA Y LA ACCIÓN ANTE “DECRETAZO LABORAL”

¡FUERA EL DECRETAZO LABORAL!

La imagen servil del Ministro Guindos informando de la “agresividad” de la reforma laboral al comisario de la UE Olli Rhen respondida con la expresión ¡Genial ha sido confirmada por el Decretazo laboral del pasado 10 de febrero.

El gobierno de Rajoy intenta superar al fracasado gobierno de Zapatero en demostraciones de obediencia ante Merkozy y sus lugartenientes de la UE aunque sea a costa de sacrificar los derechos laborales de los trabajadores/as del estado español y de provocar con ello la depresión de la economía española y agravar una cifra de paro dramática.

En efecto, con esta “contra-reforma” laboral se supera el alcance de las anteriores, es un verdadero salto cualitativo que desequilibra radicalmente la legislación laboral en beneficio de los empresarios al fortalecer su poder, debilitando enormemente los derechos laborales de los trabajadores y consiguientemente su poder sindical.

A pesar del discurso modernizador y del pretendido objetivo de favorecer la creación de empleo y reducir el paro, el “decretazo” es un viaje hacia el pasado lejano cuando el capitalismo actuaba sin límites legales y los trabajadores iniciaban su larga lucha por conquistar los derechos elementales, y por el contrario, va a facilitar la masiva destrucción de empleo.

La práctica totalidad de la población asalariada de España va a estar amenazada por las facilidades de despido y los recortes de salario y empeoramiento de las condiciones de trabajo contenidos en la “contra-reforma”, en un contexto de grave recesión, de pérdidas, y de “justificables” disminuciones de los ingresos y ventas…

La suma de los efectos causados por el abaratamiento del despido a través de la generalización del despido procedente de 20 días por año y un límite de 12 meses, las mayores facilidades para el despido procedente, en la tramitación de los ERES sin autorización previa de la administración y en plazos abreviados, la ampliación de las facilidades de despido al personal laboral en el sector público con la simple justificación de dificultades presupuestarias en un contexto de imposición “constitucional” de reducción del déficit, junto a las facilidades para inaplicar los convenios respecto de los salarios , jornada, movilidad, etc., la liquidación de la ultraactividad de los convenios, las nuevas modalidades de precarización del contrato de trabajo con periodos de prueba de 1 año en el que los empresarios actuarán a su antojo.., , etc., todo ello, solo puede provocar mas desempleo, recortes de salario, y en consecuencia más recesión, y vuelta a empezar en una espiral al infierno social.

El “decretazo” forma parte de un paquete de “contra-reformas” más amplio, la judicial, la ley orgánica presupuestaria de las administraciones públicas, etc., más las que vendrán sino lo impedimos, y que en conjunto se refuerzan en sus objetivos al precio de provocar la pobreza generalizada, la desesperanza social, una década de depresión económica, y el deslizamiento veloz hacia un régimen autoritario.

Es urgente organizar una respuesta social y ciudadana a la altura del reto. Ellos o nosotros. Arriba la minúscula minoría de grandes empresarios y banqueros exultantes con el texto de la “contra-reforma”, abajo, el 99% de la ciudadanía y el conjunto de la clase trabajadora víctimas de la crisis del capitalismo especulador y explotador.

Las lecciones del pasado enseñan que el posibilismo a ultranza, la división y el sectarismo no ayudan para derrotar las agresiones del neoliberalismo. Es necesaria la más amplia unidad para derrotar el “decretazo”.

Las Mesas Ciudadanas para la Convergencia y Acción llamamos a preparar desde ya la Huelga General, y cuantas acciones sean precisas, hasta que la “contra-reforma” laboral sea retirada del BOE y del Congreso de diputados. En lo inmediato, llamamos a participar en la manifestación del próximo 19 de febrero y de las acciones que se convoquen por el mismo objetivo.

¡A la calle ciudadanos que es hora! Todos unidos, trabajadores/as en activo y sin empleo, jóvenes y mujeres, estudiantes, autónomos y pensionistas. Todos hermanados, 15M, sindicatos, colectivos de parados, organizaciones cívicas, sociales y políticas. Es la hora de la rebeldía para defender nuestros derechos, y por la esperanza de un mundo mejor, más justo y democrático.

13 de febrero 2012

Mesas Ciudadanas para la Convergencia y la ciudadania

Precariedade laboral na dependenza

Dende EU Coruña temos denunciado en diversas ocasións as deficiencias na prestación de servizos a dependentes desenvolvidos pola empresa concesionaria municipal Valoriza.


Así, os usuarios alertáronos de déficit na calidade do servizo, de incumprimentos de horarios, de constantes cambios do persoal de axuda a domicilio ou da falta de control e seguimento nos servizos prestados.


Esquerda Unida denuncia a precariedade laboral das auxiliares do servizo de dependenza prestado por Valoriza. Así, logo das denuncias recibidas por parte das propias traballadoras, o noso grupo municipal comezou unha labor de investigación encamiñada a controlar as condicións de traballo do persoal de asistencia a domicilio da concesionaria. Froito deste traballo constatáronse importantes eivas que provocan que o servizo a dependencia non teña a calidade que se merecen os dependentes coruñeses.


A propia organización do traballo non favorece a excelencia no servizo, as empregadas traballan dous días seguidos e descansan outros dous o que obriga ás que teñen xornada completa a traballar máis de 12 horas diarias. Algo inconcibíbel nun servizo que require de máxima atención así como de especial trato e esmero. A esta situación temos que sumar a falta de calidade na elaboración dos cuadrantes, que quedan descompensados o que xera desigualdades e inxustizas entre as traballadoras. Basta dicir que en pleno século XXI e para uns 528 usuario e máis de 270 traballadoras os cuadrantes fanse a man.


O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes demanda un equipamento adecuado e mellores condicións laborais para o persoal de atención á dependenza. Así a empresa non desenvolve as perceptivas revisións médicas e as empregadas non dispoñen de uniforme ou placa distintiva que as acredite porque a empresa non lles dota da roupa de traballo adecuada. Asemade, incumpre o convenio laboral ao impedir que moitas traballadoras gocen dos días de asuntos propios e incluso utiliza artimañas para tratar de escamotearlles as vacacións, como sucedeu no 2010 onde gran parte do cadro de persoal quedou sen elas.


Por outra banda, o tempo asignado para os desprazamentos das auxiliares entre os distintos domicilios é sumamente escaso, facendo a empresa o cálculo por kms. segundo aparece en Google maps, sen atender a realidade das peculiaridades da estradas, dos  edificios a visitar ou mesmo das características e estado físico das traballadoras.


O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “as persoas dependentes merecen que o concello busque a excelencia no servizo, algo que nunca se conseguirá si o cadro de persoal non traballa en condicións adecuadas”.